A Coruña acolle a primeira dobre escala de cruceiros despois de case dous anos
Publicado o 20/09/2021 14:39

O turismo de cruceiros abre con forza a temporada de outono en Galicia. Ao porto da Coruña chegaron esta mañá dous transatlánticos. O Marella Explores e o Mein Schiff 3, un dos máis luxosos que recalan na costa atlántica.
De aquí a que acabe este ano, A Coruña recibirá un total de 40 cruceiros máis. Haberá unha tripla escala o día 20 de outubro e o 15 de decembro está prevista a chegada do Queen Victoria. Con todo, a cidade herculina aspira a recuperar o liderado do tráfico de cruceiros que conseguira antes da pandemia.