O porteiro do Fisterra marca un gol dende a súa propia área
Publicado o 23/12/2019 20:19
O porteiro do Fisterra asina un dos goles da fin de semana. No campo Lino Balado de Oroso enfrontábanse o Sigüeiro e o Fisterra, nun partido pertencente á preferente norte. Aos 10 minutos, Bouzi, o porteiro do Fisterra, chapou un centro lateral e sacou con rapidez dende a frontal da súa área. Ese balón percorreu o campo e no seu bote sorprendeu o gardameta do Sigüeiro para se converter no 0-1. Sen dúbida, un dos goles da xornada.