CRTVG

Buscar

O Portal Oficial de Turismo de España recomenda no seu Twitter visitar Mondoñedo

Publicado o 14/10/2021 15:37

Pasear polas rúas da súa zona histórica, declarada Ben de Interese Cultural; sentar a carón de Cunqueiro para admirar a catedral basílica da Asunción, monumento nacional, ou adentrarse no fermoso barrio dos Muíños son só algúns dos lugares que podemos visitar en Mondoñedo.

O Portal Oficial de Turismo de España destaca a vila da Mariña como unha das máis bonitas de España e invita dende a súa páxina en Twitter a explorala. Di que o tempo parece deterse en Mondoñedo e cualifica a súa catedral de fermosa e a súa zona histórica como fascinante. Os veciños séntense orgullosos desta recomendación a nivel internacional.

Fermosas rutas de sendeirismo, as covas do Rei Cintolo ou a súa gastronomía onde destaca a famosa torta de Mondoñedo. E se aínda non coñeces esta vila, esta fin de semana tes unha escusa máis para visitala, comezan as súas famosas festas patronais. Mondoñedo prepárase para celebrar a feira máis antiga de Galicia, As San Lucas, que se festexan desde mañá día 15 ata o vindeiro día 20.

Noticias web

14/10/2021