CRTVG

Buscar

O Porriño perde ante o intratable Granollers

Publicado o 12/11/2020 16:42
O Porriño perde ante o intratable Granollers

Tamén xogou onte o Balonmán Porriño, que caeu na casa diante do intratable Granollers, que conta os seus partidos por vitorias. Foi un encontro moi igualado, ao descanso gañaban as catalás por só un gol de diferenza, 12-11.

No segundo tempo, o Granollers conseguiu unha renda de 5 goles, que se reduciu a só 2 á falta dun minuto mercé a unha gran reacción porriñesa. Pero as líderes souberon asegurar o triunfo. Segunda derrota consecutiva para as de Ismael Martínez.


 

Noticias web

12/11/2020