CRTVG

Buscar

O Porriño gaña o duelo directo diante de Córdoba e afástase dos postos de perigo

Publicado o 28/02/2021 12:22

O Conservas Orbe Rubensa Porriño logrou unha vitoria fundamental para a salvación diante do Córdoba, equipo que pecha a clasificación no seu grupo (25-21).

O partido comezou con igualdade e as visitantes mesmo chegaron a ter unha vantaxe de dous goles (8-10). Pero no treito final da primeira parte e no comezo da segunda o Porriño acadou un parcial de 9-1 que lle deu moita tranquilidade (17-11). Inés Hernández, Cerqueira e Anthía Espiñeira botaron o equipo ás costas e lideraron a ofensiva das porriñesas acadando 13 dos 25 goles do seu equipo. 

Co triunfo diante de Córdoba e o da semana pasada contra Morvedre as porriñesas meten cinco puntos de diferenza cos dous últimos postos. 

Noticias web

28/02/2021