O Porriño estrea o ano a ritmo de rondallas
Publicado o 01/01/2020 20:41
Cada unha das sete agrupacións participantes tiveron doce minutos para amosar o seu repertorio. Tubas, gaitas, trombóns e coreografías ensaiadas ao mílimetro fixeron as delicias dos centos de asistentes que acudiron ao pavillón municipal do Porriño.
Actuaron baixo a atenta mirada do xurado que valora desde os instrumentos e a vestimenta ata o repertorio elexido, o ritmo e a coreografía.
Tres serán as rondallas gañadoras desta edición. A primeira recibirá un premio de mil cincocentos euros.