O Porriño derrota o Lanzarote e lidera o grupo polo descenso
Publicado o 24/04/2021 21:36
E vitoria moi importante do Conservas Orbe Rubensa Porriño. Co 31 a 16 desta tarde sobre o Lanzarote, as porriñesas lideran o grupo polo descenso. Abriron unha fenda mediada a primeira metade ata os sete goles, que despois recuperaron na continuación para non deixar fuxir o partido. Soraia Lopes comandou o apartado anotador, con seis tantos.