CRTVG

Buscar

O Porriño converte en cabezudos os seus veciños ilustres

Publicado o 23/09/2021 21:45

O Porriño ampliou hoxe a súa nómina de cabezudos para as festas. Está xa inmerso nos actos con motivo das Festas do Cristo, en que, tradicionalmente, saen á rúa os seus xigantes e cabezudos. 

Hoxe coñecemos catro novos “Cabezudos de Honra”. Unha iniciativa que recoñece a traxectoria persoal ou profesional de diferentes veciños deste concello converténdoos en cabezudos. Dora, Vavá, Pato e Juaniña xa teñen os seus e percorrerán as rúas do Porriño mentres duren as súas festas.

Noticias web

23/09/2021