CRTVG

Buscar

O Porriño asume as mesmas restricións que a área perimetrada de Vigo

Publicado o 11/12/2020 17:55

Vigo continúa mellorando e resta 24 casos activos, pero non cambia de nivel e queda coas mesmas restricións. Na comarca empeora O Porriño, que pasa a nivel medio-alto.

O Porriño queda en situación de vixilancia ao empeorar os datos nos últimos días, e, moi preto deste concello, Vigo segue no nivel de restricións medio alto malia que as cifras de contaxios continúan mellorando, con 1.401 casos activos. 

Para baixar un banzo na dureza das medidas é necesario reducir aínda máis o número de contaxios. Polo tanto, mantense o peche perimetral, as reunións de non conviventes nun máximo de 4 persoas e a hostalería con ocupación límitada e peche ás cinco da tarde.  

 

 

 

Noticias web

11/12/2020