O porco celta, o protagonista das xornadas gastronómicas de Vilalba
O porco celta é o protagonista das xornadas gastronómicas que se celebran estes días en Vilalba. Un mozo gandeiro puxo a súa explotación ao servizo dos hostaleiros da vila para que experimenten as posibilidades que ofrece a carne dos cochos, que son moitas. Aínda que Vilalba é terra de capón, o rapaz cre que hai oco tamén para o porco celta. Ata o domingo pódense degustar os pratos en 17 locais vilalbeses.
Socorro amósanos a tapa que preparou para as xornadas gastronómicas do porco celta que se celebran estes días en Vilalba. Chamoulle porco celta cultural e está feita, ademais de con cocho, con produtos de Vilalba como o queixo San Simón e as patacas e tomates da horta vilalbesa. Dezasete establecementos hostaleiros participan nestas xornadas e todos sinalan as posibilidades culinarias do porco celta.
É unha carne moi boa para cociñar, cunha graxa especial que ten un sabor moi diferenciada.
A carne que se usa nas xornadas saiu desta explotación das aforas de vila. Saul Rouco cría aquí 80 porcos celtas, entre eles, o xa famoso semental Cesáreo. O rapaz sabe que Vilalba é terra de capón pero asegura que a forma en que son criados os seus cochos garante unha carne de primeira calidade e mesmo saudable. As carballeiras e os soutos garanten a mellor alimentación para os animais.
Estes cochos están en liberdade e por eso a súa carne ten unha infiltración que a fai diferente.
As xornadas vanse celebrar ata o domingo pola noite. Os expertos din que a carne de porco celta é unha importante fonte de ferro para o noso organismo.