O popular López Miras investido presidente de Murcia
Publicado o 27/07/2019 10:13
En Murcia, Fernando López Miras é o novo presidente da comunidade. Non houbo sorpresas nesta segunda sesión de investidura
O candidato popular obtivo a confianza da cámara en primeira votación cos apoios do seu partido, de Ciudadanos e de Vox. As tres formacións chegaron a un acordo hai dez días, despois de que fracasara a primeira sesión de investidura. Con este pacto, Ciudadanos ocupará a vicepresidencia da comunidade. Vox non entra no goberno