CRTVG

Buscar

O Pontevedra segue na loita polo ascenso; o Rápido achégase á permanencia

Publicado o 01/04/2019 17:31

No Celta apareceron as bágoas de Aspas e no filial as de Apeh. Aspas e Apeh contaban con motivos para emocionarse. Apeh non marcaba desde setembro. Polo medio, unha diagnose médica que practicamente o apartaba do fútbol. Son as bágoas da tensión, da presión.

O nixeriano Malonito Apeh ten 22 anos. E non marcaba dende a cuarta xornada, aló por setembro. Clave para que este Celta B saia do perigo con dúas vitorias nas tres últimas xornadas.

Formando un soño está o Pontevedra. Segundo triunfo seguido. Este gol embarullado no campo do pechacancelas. . Esta celebración.

De opcións ata o final xa fala o Rápido de Bouzas. Historia dun rexurdimento incrible. Leva tres vitorias nas catro últimas xornadas. Está a tres puntos da promoción.

Con outros ollos hai que ver este Coruxo que loita por un posto na Copa. Suma doce xornadas consecutivas sen perder, aínda que os cinco últimos encontros foron todos de empate, incluso este en Adarve, onde malgastou ir dúas veces por diante no marcador.

O Bergantiños recupera o liderado na Terceira

Na terceira galega temos troco de líder logo da derrota do Rácing de Ferrol no Couto. Gañou a Unión Deportiva Ourense grazas a este lanzamento de falta directo executado por Alfredo.  Tamén perdeu a SD Compostela. En Calabagueiros venceu o Barco grazas a este solitario tanto de Juanito Bazo no minuto 83. E deses dous tropezos sacou proveito o Bergantiños. Os de Carballo gañaron nas Somozas e recuperan o liderado da terceira galega á falta de oito xornadas. 
 

Noticias web

01/04/2019