CRTVG

Buscar

O Pontevedra festexa os 80 anos de historia con goleada (3-0)

Publicado o 16/10/2021 20:58

Charles e o Pontevedra recuperan o sorriso. Máis ca nunca, o destino de ámbolos dous vai da man. Segunda vitoria seguida para os granatesm segunda por 3 a 0.

Os rivais asturianos semellan ser o bálsamo idóneo. O Llanera foi vítima en Pasarón do olfato goleador do veterano deianteiro. Non atinou na primeira pero si na segunda, nunha longa xogada, na que o seu instinto alíase coa calidade de Brais Abelenda, que saca da nada un excelente centro. Charles, con fe, enviou á rede, no que foi o seu sexto gol en liga.

E que dicir se Charles atopa ao seu socio predilecto no ataque. O 2-0 levou a sinatura de Rufo, que ubicou un balón solto lonxe do alcance do gardameta do Llanera. Bo gol para Rufo, que non quedou aí.

En pleno despregamento ofensivo do Pontevedra estivo atento para enviar á rede un centro de Seoane. Foi o seu quinto gol no campionato. O Pontevedra leva 14 tantos en 7 partidos. Marcou en todos os disputados ata o de agora.

Son datos para mudar o xesto e comezar a mirar o futuro con optimismo.

Noticias web

16/10/2021