O Pontevedra é favorito na súa cita co Coruxo
Publicado o 11/12/2020 14:00
Un partido a cara de can para os locais. Feridos pola contundente derrota colleitada na Malata e necesitados de puntos para non perder a esperanza. Os visitantes, porén, máis crecidos, saben que van a unha guerra.
Unha soa vitoria, tan só dous goles a favor, once en contra. Que lle pasa ó Coruxo?
Outro ambiente se respira no Pontevedra. Situado nos postos altos, veñen de plantarlle cara ao Deportivo e aspiran a todo nesta campaña.
Vellos coñecidos da categoría, con amigos comúns, sobre o céspedo do Vao non haberá o domingo espazo para pactos.