CRTVG

Buscar

O Pontevedra e Coruxo buscan o domingo na G2 a praza para a Segunda RFEF

Publicado o 08/05/2021 13:03

No grupo pola permanencia quedan aínda tres xornadas, que os galegos comezan mañá nos dous postos que garanten a segunda federación. O Coruxo está igualado co Oviedo B, así que buscará ao mediodía a vitoria contra o Lealtad para evitar problemas. E so cun punto máis lidera o Pontevedra, así que tamén precisa a vitoria pola tarde contra o Sporting B. Os dous partidos verémolos en directo na nosa segunda canle.