CRTVG

Buscar

O polígono lugués das Gándaras contará con 33.000 metros cadrados máis de solo industrial

Publicado o 19/02/2020 15:01

Parcelas en obras, estruturas que cobran forma e maquinaria traballando a pleno rendemento. O polígono industrial das Gándaras, en Lugo, non para de medrar, e a Xunta acaba de poñer a disposición das empresas interesadas máis de 33.000 metros cadrados de solo industrial, divididos en catro parcelas, para albergar novos proxectos.

As empresas que consigan estes solares beneficiaranse dunha bonificación do 50%. Ademais, está previsto que nos vindeiros meses se liciten outras 34 parcelas máis neste polígono inaugurado en 2011 e que é xa todo un referente.

Aquí conviven tanto pequenos negocios locais coma grandes empresas ou cadeas internacionais e suman xa, xunto co polígono do Ceao, un total de 350 empresas.

Noticias web

19/02/2020