CRTVG

Buscar

O pole de estrugas é o que máis está a afectar en Galicia

Publicado o 19/05/2021 22:02

Esta semana Galicia está a rexistrar niveis de moderados a altos de pole de estrugas. As concentracións poden superar os 30 grans por metro cúbico de aire nas provincias atlánticas. Os niveis de gramíneas, as de maior importancia alerxénica en Galicia, son agora mesmo baixos, pero hai outros factores que poden agravar os síntomas das alerxias.

Estase a referir a alergóloga Ángeles Rico á Coruña, onde tamén, ao igual que no resto de Galicia, diminuíron os síntomas respiratorios das alerxias debido ao uso obrigatorio da máscara.

O peor aínda está por vir. Coa a floración das gramíneas prevese que o nivel de pole en Galicia aumente nas próximas semanas.

Noticias web

19/05/2021