CRTVG

Buscar

O polbo estará en veda do 30 de abril ao 5 de xullo

Publicado o 15/04/2021 14:21

O polbo desaparece a partir de maio das poxas das lonxas e dos mostradores dos supermercados. A veda de capturas prolongarase 9 semanas, máis do dobre ca o ano pasado.

Unha decisión que se adoptou por maioría en votación das federacións de confrarías. Hai quen pedía máis semanas e e quen menos. Preocupados todos pola pésima campaña do ano pasado e pola diminución da presenza de polbo nas nosas costas, piden un estudo técnico para descubrir as causas.

O cinco de xullo os barcos retomarán as capturas e o polbo fresco volverá ás lonxas. Mentres, o sector dos conxelados proverá as mesas galegas do tradicional manxar.

Noticias web

15/04/2021