O Poio Pescamar mantén o ritmo do Navalcarnero á fronte da liga
Publicado o 15/11/2020 10:50
O Poio Pescamar mantén o ritmo do Atlético Navalcarnero con 10 puntos nas 4 primeiras xornadas. Contra o Teldeportivo acadou o terceiro triunfo consecutivo (5-2) nun partido en que sufriu máis do que reflicte o marcador.
O dominio foi de Poio que se adiantou dúas veces cos goles de Antía e en propia porta de Dámaso. Pero no minuto 28 do encontro o Telde conseguía poñer o empate (2-2). A sorte para Poio foi que un minuto despois dese empate marcaba o 3-2 (Irene García). Lucía e Miriam sentenciaron no treito final do encontro.