CRTVG

Buscar

O decreto sobre os interinos vótase no Congreso sen os apoios asegurados

Publicado o 21/07/2021 08:15
O decreto sobre os interinos vótase no Congreso sen os apoios asegurados

Hoxe vótase no Congreso o decreto pactado entre Iceta e os sindicatos para reducir o número de interinos nas administracións. Pero non é seguro que saia adiante.

O Goberno aínda non ten os apoios asegurados. Mesmo Podemos deixou no aire o seu apoio ao texto, e lamentou a falta de garantías para os interinos. Esquerra tamén insinuou o voto negativo, mentres que o PDeCat ou Bildu xa confirmaron, directamente, que votarán en contra. Falta por ver que farán o PP, Ciudadanos e o PNV.

O decreto ten que conseguir máis votos a favor que en contra. Se non é así, perderá a vixencia e volverán comezar as negociacións dun novo texto.

Noticias web

21/07/2021