CRTVG

Buscar

O Planeta dun millón de euros remata co segredo de Carmen Mola: son tres homes

Publicado o 16/10/2021 09:49

A entrega do Premio Planeta desvelou o venres á noite un dos grandes segredos da literatura española recente.
Detrás do pseudónimo de Carmen Mola, agochábanse realmente tres guionistas e amigos: Jorge Díaz, Antonio Mercero e Agustín Martínez.

Eles son, coa súa novela La Bestia os gañadores do premio Planeta 2021 dotado por primeira vez cun millón de euros. É a súa cuarta novela xuntos, despois da triloxía sobre a inspectora Elena Blanco que os levou a fama coa venda de 400.000 exemplares. La Bestia é un duro thriller histórico sobre un asasino en serie en Madrid en plena pandemia de cólera de 1834.

Paloma Sánchez-Garnica logra os 200.000 euros como finalista da 70 edición dos Planeta coa súa obra Últimos días en Berlín, unha novela histórica sobre unha familia atrapada entre a Revolución Rusa e o ascenso do nazismo.

Noticias web

16/10/2021