O plan para previr as inundacións do río Lagares, pendente da cesión dos terreos do Concello
Publicado o 16/11/2020 16:01
A conselleira de Infraestruturas presentou o plan para previr as inundacións do río Lagares.
Ethel Vázquez presentou á asociación de empresarios das industrias tecnolóxicas a actuación da Xunta, que investirá 6,8 millóns de euros antes do 2023 para evitar os asolagamentos que afectan o polígono do Caramuxo.
Apostan por actuacións verdes e naturalizar o río. Un plan que se compatibilizará coa actividade industrial, e para o que piden ao concello de Vigo que non demore a cesión dos terreos.