CRTVG

Buscar

O Plan forestal de Galicia cumpre co 75 % das recomendacións parlamentarias

Publicado o 08/01/2021 13:02

O Plan forestal de Galicia segue cos trámites para a súa aprobación. Hoxe o Consello Forestal de Galicia coñeceu o documento polo miúdo. Catro anos de traballo nun plan que atende practicamente o 75 % das recomendacións parlamentarias. Marcará a xestión dos montes galegos durante os próximos 20 anos, cun investimento de 4.900 millóns de euros.

José González, conselleiro do Medio Rural, expicou que "despois desta presentación ao Consello Forestal, levaremos o Plan forestal, que lles recordo que é un decreto e non temos a obriga de levalo ao Parlamento, pero levarémolo tamén ao Parlamento na procura dese consenso que entendemos que é necesario para un documento tan importante como o que vai marcar o camiño do sector forestal galego nos próximos vinte anos".

Noticias web

08/01/2021