CRTVG

Buscar

O plan de risco de inundacións do río Lagares prevé actuacións de 6,8 millóns de euros

Publicado o 03/11/2020 16:01

A Xunta de Galicia proponlle ao Concello de Vigo colaborar na posta en marcha do plan de xestión do risco de inundacións para o río Lagares.

O obxectivo é levar a cabo 6 actuacións de prevención, protección e recuperación. Unhas actuacións que contemplan a mellora do espazo fluvial, a realización de obras de drenaxe e a creación dunha área de anegamento.

A Xunta presentou hoxe na cidade olívica o plan, que prevé a realización de obras por importe de 6,8 millóns de euros, e remitiulle a proposta ao Concello de Vigo.

Noticias web

03/11/2020