O plan de recuperación vai acompañado da reforma fiscal que subirá impostos
O imposto polo uso das autovías non é o único que quere aplicar o Goberno. Ademais de incrementar a recadación por esta vía, o plan que Pedro Sánchez enviou a Bruxelas inclúe aumentar a taxa de matriculación e os impostos ao diésel. O Executivo vai incrementar tamén os tributos de patrimonio, sucesións e sociedades, ademais do IVE.
A reforma fiscal tamén prevé a suba das bases máximas de cotización. Unha das medidas máis relevantes pola súa capacidade recadatoria e que vai afectar a máis dun millón de contribuíntes. Supón un aumento das cotas para as rendas mensuais de máis de 2.400 euros.
Ademais, o executivo estuda a eliminación da tributación conxunta da declaración da renda. Un modelo que beneficia na actualidade case 4 millóns de fogares, a maioría deles con fillos e cun dos cónxuxes en paro ou con ingresos baixos. A eliminación desta tributación suporía recadación extra para o Goberno duns 2.400 millóns de euros.
A reforma fiscal tamén vai poñer fin ás bonificacións por achegas a plans de pensións privados e propón novos impostos verdes e dixitais.