CRTVG

Buscar

O pivote esloveno Rasid Mahalbasic, terceira fichaxe do Breogán

Publicado o 23/07/2021 12:12

Terceira fichaxe do Breogán en apenas seis días. Desta volta é Rašid Mahalbašić.

É o pivote esloveno con nacionalidade austríaca, de 211 centímetros. Ten 30 anos e conta con experiencia na Liga Endesa e noutras competicións europeas. En España xogou co Betis hai cinco temporadas. As catro seguintes estivo na Bundesliga, no Oldenburg, e acabou xogando a última no Mónaco da liga francesa. Internacional con Austria desde 2008, é un pivote de talento, con bos fundamentos e destaca sobre todo no rebote.

Noticias web

23/07/2021