CRTVG

Buscar

O piragüismo español, con cinco galegos, busca en Hungría as súas últimas prazas para Toquio 2020

Publicado o 10/05/2021 17:26

O piragüismo español busca en Szeged (Hungría) as súas últimas prazas para Toquio 2020. Seis embarcacións tentarán lograr o billete no preolímpico continental e cinco en paracanoe. Hoxe foi a primeira toma de contacto co icónico campo de regatas húngaro.

Alí temos a cinco galegos:

Antía Otero e Antía Jácome en C2 500
Carolina García en K2 500
David Barreiro en C1 1000
Adrián Mosquera en VL3