O piloto do F-18 que asistiu o avión de Air Canada: "Fixen unha inspección a conciencia e o que vin tranquilizoume"
Houbo nervios, moitos, entre os 128 pasaxeiros do Boeing 767 de Air Canada. Relatan que o peor momento foi cando un forte cheiro a queimado os puxo en alerta. O piloto pediulles calma e paciencia, e pouco despois souberon que unha roda do tren de aterraxe rebentara e afectaba o motor esquerdo.
Estiveron agardando, dentro do avión, por máis de catro horas. E foron testemuñas a través das ventaíñas de como un caza F-18 do Exército do Aire os acompañaba. Difícil manter a tranquilade no aire vendo ao teu carón un avión militar.
O F-18 inspeccionou en voo o exterior da aeronave e foi fundamental para coñecer as dimensións da avaría e trasladarlle a información ao persoal de terra que se comunicaba co piloto.
Todos cumpriron escrupulosamente os protocolos de actuación para casos de emerxencia.
A pericia do veterano comandante, que foi recibido no aeroporto como un heroe, evitou unha catástrofe.