CRTVG

Buscar

O piloto de rallys Víctor Magariños falece nun accidente de tráfico

Publicado o 12/06/2021 14:44

O piloto de rallys pontevedrés faleceu no mediodía deste sábado en Carballedo, no punto quilométrico 2 da estrada EP-0401. Víctor Magariños estaba inspeccionando un dos treitos nos que se disputará a próxima semana o Rally de Pontevedra cando impactou contra outro coche que circulaba en sentido contrario. O condutor do outro vehículo resultou ferido.

Magariños quedou atrapado no seu vehículo tras o accidente e os servizos de emerxencia non puideron facer nada por salvar a súa vida.

Noticias web

12/06/2021