CRTVG

Buscar

O PIB rexistrou un aumento histórico no terceiro trimestre (16,4%), aínda que menor do agardado

Publicado o 23/12/2020 17:01
O PIB rexistrou un aumento histórico no terceiro trimestre (16,4%), aínda que menor do agardado

A pandemia segue deixando rexistros históricos nos indicadores económicos. Hoxe coñecimos o do PIB do terceiro trimestre. A economía española medrou un 16,4%. É o maior crecemento da historia, aínda que son 3 décimas menos que a cifra avanzada polo Goberno. No último ano, a riqueza nacional caeu un 9%. Facenda tamén informou hoxe de que en outubro, o déficit público superaba xa o 7% do PIB, cinco veces máis que se rexistraba no mesmo mes do ano pasado.

Noticias web

23/12/2020