CRTVG

Buscar

O PIB galego cae un 14,5% no 2º trimestre, catro puntos menos ca a media española

Publicado o 27/08/2020 09:59
O PIB galego cae un 14,5% no 2º trimestre, catro puntos menos ca a media española

A pandemia da covid-19 provoca unha caída do PIB de Galicia do 14,5 % no segundo trimestre deste ano, segundo avanza o Instituto Galego de Estatística (IGE).

O descenso do PIB galego foi catro puntos menos que a baixada que se produciu de media no conxunto de España, onde caeu ata o 18,5%, segundo o dato de avance publicado xa polo Instituto Nacional de Estatística. 

O PIB galego xa rexistrara unha mellor evolución que a media española no primeiro trimestre, que tamén estivo afectado pola pandemia.

En taxa interanual o PIB de Galicia retrocedeu un 17,9% sobre o segundo trimestre de 2019, un descenso tamén moi inferior á media española (-22,1%).