CRTVG

Buscar

O pianista James Rhodes recomenda A Coruña

Publicado o 19/08/2021 16:36

A Coruña é a cidade onde un se sente coma na casa. Así o contou o pianista James Rhodes nas redes sociais, que semella moi namorado da Coruña.

"Encántame moito esta cidade" di o pianista na súa conta de Instagram. Esta noite estará tocando na praza de María Pita a partir das dez, no marco das festas da Coruña.

James Rodhes concibe os seus concertos como unha experiencia inclusiva. Coa súa mestura de enxeño e humor comparte coñecementos fascinantes e logra que os temas serios, como a música clásica, se convertan en accesibles para todos.

 

Noticias web

19/08/2021