CRTVG

Buscar

O pesqueiro de Celeiro retido en Irlanda durante quince días está de volta

Publicado o 20/06/2021 15:00
O pesqueiro de Celeiro retido en Irlanda durante quince días está de volta

No porto de Celeiro, en Viveiro, permanecen á expectativa da evolución do caso do Punta Candieira, o palangreiro apresado hai tres semanas en Irlanda que foi liberado tras pagar unha fianza de 170.000 euros.

Fontes portuarias aseguran que a tripulación está ben e que collerán uns días de descanso tan pronto vendan as súas capturas despois de que a principios desta semana puideran abandonar definitivamente o porto irlandés. A embarcación foi apresada o día 31 de maio acusada de que parte do seu aparello estaba en augas territoriais de Irlanda, ademais de por supostas deficiencias de navegación, nun contexto de crispación na frota irlandesa polo aumento dos controis da Unión Europea.

As perdas da inactividade do pesqueiro galego, xunto cos gastos da fianza, poderían superar os trescentos mil euros.

Noticias web

20/06/2021