O peso devalúase tras a derrota de Macri nas primarias da Arxentina
En Arxentina a economía foi a protagonista da xornada postelectoral. O peso arxentino, que levaba varias semanas estable, volveu a perder valor con respeto ò dolar e ò euro.
Primeiro dìa tralas eleccións primarias en Arxentina e as reaccións non se fixeron esperar. Os mercados falaron e fixérono para mandar unha mensaxe de disconformidade coa vitoria de Alberto Fernández. O peso arxentino leva devaluándose todo o día e a xente agólpase aquí, nas casas de cambio, expectantes ante o que pode ser unha xornada histórica para a economía do país.
A inestabilidade económica foi a nota dominante deste primeiro dìa despois das eleccións primarias, unha visión pesimista que emiten os mercados que contrasta coa do sector gañador, como expresou a candidata a vicepresidenta Cristina Fernández de Kirchner.
"Nos pone contentos alegres y optimistas que muchos argentinos y muchas argentinas comprendan y apoyan finalmente que las cosas deben cambiar en la Repùblica Argentina ", dixo Cristina Fernández de Kirchner.
Ata que se produzca a primeira volta das eleccións o 27 de outubro moito pode cambiar no país, o que parece claro e que a economía estará no centro do debate.