CRTVG

Buscar

O Pescados Rubén recibe a homenaxe de Burela

Publicado o 04/05/2021 20:50

Burela vive nunha celebración permanente a conta do equipo de fútbol sala feminino. As flamantes campioas da Copa da Raíña foron recibidas polas autoridades locais. Terceiro título de copa consecutivo, o cuarto na súa historia. Unha traxectoria que por agora non coñece límites. É o mellor equipo do mundo e non queren deixar de selo. E comparten coa afección da localidade mariñá todos os seus éxitos.