CRTVG

Buscar

O Pescados Rubén Burela vence o primeiro partido do play out

Publicado o 05/06/2021 21:29

No fútbol sala, o Pescados Rubén Burela deu un paso de xigante na pelexa por manterse na máxima categoría. Os de Sito Rivera impuxéronse por 2-3 ao Ejido Futsal na primeira eliminatoria do play out. Os da Mariña chegaron 0-3 ao decanso, con goles de Quintela, Javi Rodríguez e Matamoros. A catro minutos do final os locais recortaban distancias no marcador con dous tantos de Álex Motos. O próximo venres poderíase resolver o futuro do Pescados Rubén na segunda cita que disputarán xa na casa, en Vista Alegre.
 

Noticias web

05/06/2021