CRTVG

Buscar

O Pescados Ruben Burela cae por 5-2 ante o Barcelona

Publicado o 22/12/2020 22:18

En fútbol sala, contundente derrota do Pescados Rubén Burela na cancha do Barcelona, no partido de Liga disputado esta tarde.

Cinco goles a dous foi o resultado final. Ximbinho, Joselito e Adolfo puxeron terra de por medio cun parcial de tres a cero no primeiro tempo. Goles que nun par de casos viñeron por perdas de balón dos galegos.

O Pescados Rubén reaccionou tras o descanso con dous goles de Renato e Míguez en apenas dous minutos, pero insuficientes para darlle a volta ao marcador.

Noticias web

22/12/2020