O Pescados Rubén Burela cae ante ElPozo 1-2
Publicado o 17/11/2020 20:40
Esta tarde xógase a décima xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala, que empezou para os nosos coa derrota do Pescados Rubén Burela ante ElPozo Murcia. E iso que a posta en escena non puido ser mellor. Ían apenas dous minutos de partido e xa gañaban os burelaos 0-1 con gol de Pitero. Foi un encontro moi intenso e igualado. O empate chegou antes do descanso nunha xogada de estratexia en que Paradynski aproveita un rebote para bater a Edu. O gol do triunfo murciano chegou na segunda parte, roubo de Santana que cede para a chegada de Paradynski. 2-1. Tentou o Burela buscar o empate co porteiro-xogador, pero o tanteador non se volveu mover