CRTVG

Buscar

O Pergamiño Vindel despídese de Vigo tras ser visitado por máis de 40.000 persoas

Publicado o 05/03/2018 18:24

• O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou un pleno extraordinario para instar o Goberno a negociar adquisición do Pergamiño Vindel

O Pergamiño Vindel, o manuscrito con sete 'cantigas de amigo' do trovador medieval Martín Códax, estivo no Museo do Mar de Galicia de Vigo desde o pasado 10 de outubro ata este domingo, día no que inicia o seu regreso á Morgan Library & Museum de Nova York, o seu propietario. A mediados de febreiro, o documento xa fora visitado por máis de 40.000 persoas.

Na tarde de hoxe, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou un pleno extraordinario para instar o Goberno a negociar a adquisición do Pergamiño Vindel

Numerosos actos pecharon esta fin de semana a presenza do Vindel en Galicia, como o conerto 'O Primeiro elepé vigués' no teatro AFundación de Vigo, ofrecido por artistas galegos como Pablo Novoa, Nicolás Pastoriza, Rosa Cedrón, Patricia Moon, os irmáns Amaro e Iván Ferreiro, entre outros.

Noticias web

05/03/2018