CRTVG

Buscar

O perfil do supercontaxiador: persoas de maior idade e máis peso

Publicado o 17/02/2021 18:16

Os investigadores descubriron que existe unha relación directa entre un índice de masa corporal máis alto, unha maior idade e a gravidade da infección coa capacidade que un individuo ten de producir e por tanto exhalar máis aerosois, que son os principais transmisores da covid-19.
Observaron que o número de partículas víricas aumentaba e facíanse máis pequenas a medida que a infección progresaba, chegando ao seu punto máximo unha semana despois do contaxio.
 
"Esas gotiñas de maior tamaño van perdendo volume, van perdendo humidade, vanse facendo máis pequenas e durante un tempo esas partículas poden flotar no ambiente e convértense en aerosois o suficientemente pequenos para que poidan penetrar máis profundamente nas vías respiratorias inferiores.", explica José Antonio López Guerrero, profesor de Microbioloxía da UAM.

Pendente de que estudos posteriores corroboren estes resultados, outro factor a ter en conta para poder situar un individuo na categoría de supercontaxiador sería que teñan unha intensa actividade social.

"Unha persoa nun traballo por alta carga que teña se ten medidas de precaución e de protección e non é moi interactivo pois esa capacidade de supercontaxio dilúese", asegura Guerrero. 

Os investigadores estadounidenses comprobaron que o 18 por cento dos individuos controlados eran responsables do 80 por cento das partículas de aerosol exhaladas, distribución observada xa en supercontaxiadores doutras epidemias.

Noticias web

17/02/2021