CRTVG

Buscar

O Pereiro de Aguiar chama a un consumo responsable da auga da traída

Publicado o 25/08/2021 11:16

Un bando do concello do Pereiro de Aguiar nas parroquias de Covas e Triós lémbralle á veciñanza que o uso da auga da traída é só para o consumo humano. Ante a escaseza da auga dos mananciais, lémbraslles a importancia de facer un consumo responsable.

Moitos veciños como Javier xa empregan a auga dos seus pozos para regar. Pero nestas datas o concello ten un aumento de entre 2.000 e 3.000 veciños máis e cómpre, din, reducir o consumo innecesario.

Por agora hai auga, pero nalgunhas aldeas como Cebreiros ou Tombo xa comezaron a notar a escaseza na presión.

O mesmo problema están a ter en varias aldeas do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Alí as altas temperaturas destes días están a disparar o consumo de auga, por iso desde o Concello apelan tamén a un uso racional para evitar os cortes selectivos.

Noticias web

25/08/2021