O peixe tamén sobe a causa do incremento das facturas de luz e combustible
Publicado o 05/10/2021 14:01
O efecto xa chegou ao peto do consumidor, que di que cada vez é máis caro mercar peixe. E se a alza de prezos afecta o consumidor, ao outro lado do negocio hai preocupación. Os provedores vense na obriga de subir os custos para mitigar perdas, o resultado un encarecemento do produto no mercado.
Temen pola viabilidade dos seus negocios. En Sevilla, un comerciante puxo en marcha unha iniciativa para protestar pola suba da luz e xa conta con máis de 20.000 seguidores.
En xeral, a alza dos prezos afecta todas as especies, por algunhas xa pagamos entre un 30 e un 50 por cento máis ca hai un ano.