CRTVG

Buscar

O peche de negocios impulsa a transformación de baixos en vivendas

Publicado o 08/06/2021 16:52

O peche de negocios durante a pandemia está a impulsar a transformacións de baixos comerciais en vivendas nos centros das principais cidades. Porén, deben cumprir unha serie de requisitos.

A principal condición é conseguir unha licenza para mudar o uso do local, sempre que o plan urbanístico o permita. Logo, debe cumprir as mesmas normativas de habitabilidade que calquera outra vivenda.

A crise do comercio fixo que en cidades como Ferrol haxa uns 300 baixos abandonados susceptibles de transformarse en vivendas céntricas, especialmente interesantes para persoas maiores pola súa accesibilidade.

Un bar en ruínas, isutado no centro histórico da cidade, transformouse nunha vivenda de 80 metros cadrados. É un exemplo de como a crise está a impulsar novos fogares a rentes de chan.

Os escaparates convértense en fiestras nestes fogares de planta baixa. Os arquitectos falan dun verdadeiro boom, pero insisten, non todo vale. Cómpre ter licenza para o cambio de uso e que o proxecto cumpra coas normas de habitabilidade.

A protección de vistas e a saída de fumes son os principais atrancos. Para dar solucións e facilitar trámites estase a traballar nun cambio da norma para finais de ano.

A idea é dinamizar locais abandonados, pero sen perder o equilibrio cos bares e comercios que dan a vida ás rúas.

Noticias web

08/06/2021