CRTVG

Buscar

O peche de hostalería e restauración causa importantes perdas para os produtores de carne de vacún

Publicado o 01/05/2020 15:59

Estes xatos e vacas estánse a vender a un prezo de 4 euros e 20 céntimos o quilo/canal, moi por baixo do que sería necesario para cubrir os custos de produción. O motivo dos baixos prezos está no peche da hostalería. Sen poder vender a restaurantes e hoteis, hai un exceso de oferta. Como non hai quen compre, o prezo descende. Especialmente o de vacún vello, o máis apreciado en restauración. Non obstante, en tendas e supermercados, os consumidores seguen a pagar igual que antes da pandemia ou incluso máis.

"As vacas apenas hai quen as queira e os xatos estanse a pagar a 4,20 ou 4,30. Uns prezos que non dan para cubrir os gastos."

A prohibición de realizar feiras e festas tamén afecta o sector, xa que neses eventos adoita haber un consumo masivo. Estímase que as perdas son de arredor dun millón de euros mensuais dende que comezou o estado de alarma, e iso a pesar de que se seguen a sacrificar 7.000 animais ao mes. O parón detéctase tamén nos cebadeiros e matadoiros, onde cada vez se recollen menos xatos e exemplares de vacún maior ante a dificultade para darlles saída comercial.
 

Noticias web

01/05/2020