CRTVG

Buscar

O peche de Cataluña fai adiantar a saída para quen quere evitar as restricións na ponte

Publicado o 03/12/2020 15:44

Aínda que as autoridades recomendan que non nos movamos, o certo é que nalgúns aeroportos, coma o de Barcelona, por exemplo, hoxe vimos bastente movemento. Só faltan unhas horas para que entren en vigor as restriccións pola ponte e quen puido adiantou as viaxes para escapar delas.

Maletas e ansias de volver á casa desfilaban hoxe polo aeroporto de Barcelona. A partir das seis da mañá do venres e ata o 21 de decembro estará vixente o peche perimetral de toda a comunidade. Por iso hoxe moitas persoas emprendían unha viaxe de longa duración.

En Cataluña aplicouse un confinamento perimetral e autonómico durante as fins de semana, ata o día 21. O aeroporto servía hoxe tamén de paso para quen iniciaba as vacacións adiantadas, a PCR era obrigatoria.

A partir desta noite entran en vigor na rexión catalá as restricións de mobilidade tamén entre municipios, ata o 7 de decembro.

Noticias web

03/12/2020