CRTVG

Buscar

O peche da oficina de Abanca no Mesón do Vento indigna os clientes e veciños

Publicado o 30/06/2021 14:36

A dirección de Abanca decidiu pechar a sucursal do Mesón do Vento dentro de tres semanas e os clientes rexeitan a medida. Na zona están están cabreados polos inconvenientes e gasto, tamén de tempo, que supón ter que ír á de Ordes.

Así se expresaban pequenos empresarios e outros clientes do Mesón do Vento: "Paréceme moi mal. Unha terra de paso de peregrinos, de pequenas empresas, un cúmulo de pequenas aldeas de xente maior que ten que cobrar a súa pensión... e que nos manden ir a dez quilómetros a unha oficina que ten unhas colas que ten esperas de ata unha hora".

"Aquí imos un momento e en quince minutos arránxanos todo sen problema ningún, non hai problema de aparcamento como hai en Ordes, non hai as colas que hoxe dá vergonza como está a oficina de Ordes".

"Que veña agora un señor xefe de Abanca, un impresentable, porque ademais é un impresentable e maleducado, porque lle falou mal á xente, e non estamos de acordo. Imos loitar ata á morte ata a morte".

"A min paréceme todo ao revés o que están facendo. Unha vergoza para aquí, para a vila".

Como resposta hai clientes que xa decidiron cancelar as contas en Abanca e outros anuncian que farán o mesmo.

"Pois, abandono. Abandono. Cambio, porque non vou detrás de Abanca", di unha clienta, e outro sinala: "Vou quedar co banco que haxa se ela (Abanca) non queda aquí".

No Mesón do Vento piden tamén a acción dos gobernantes ante o peche dun servizo necesario na vida desta economía rural.

Noticias web

30/06/2021