CRTVG

Buscar

O peche da hostalería leva ao sector a situación extrema en Ferrol

Publicado o 13/11/2020 14:04

Desde a Asociación de hostaleiros de Ferrol e comarca afirnan que hai mebros que xa non teñen para comer despois de tanto tempo de peche debido á pandemia. Nesta asociación falan de que a situación é extrema e preocupante, cun futuro moi incerto.

María Luísa Barro Vázquez, xerente da Asociación de Hostalería de Ferrol e comarca, di que "hai casos en situación extrema que chegan onda nós e que xa non teñen para comer, que xa lles está a ser difícil. E pregúntannos polas axudas e todo o que poden solicitar. Non hai dúbida de que aquí, a verdade, é que os servizos sociais se portan ben tamén con esta xente. Pero si, xa houbo hostaleiros que tiveron que acudir aos servizos sociais".

Noticias web

13/11/2020

Máis sobre Ferrol