O peche da central térmica suporá a perda de 1.500 empregos nas Pontes
Desolador, así califican varios economistas o impacto socioeconómico que o peche da central térmica das Pontes terá nos concellos vencellados á planta. O estudo publicado polos economistas Fernando Fernández Laxe, Javier Prado Dominguez, Manuel Escourido Calvo e Federico Martín Bermúdez, salienta que só no concello de As pontes o peche da central térmica suporá a perda de 1.200 postos de traballo, e outros 300 nas localidades próximas.
Un impacto laboral que máis do 40 por cento está vencellado ao comercio, ao transporte e á vivenda. Segundo o estudo o peche da central térmica reducirá poboación nun 25 por cento, á vez que os datos de paro se multiplicarán por catro na comarca.
O peche da central térmica tamén afectará ás arcas municipais, unha variable que analizou o Ministerio de transición Ecolóxica destacando que a contribución da planta nos ingresos do concello representan en torno ao 40 por cento do presuposto anual.