O Pazo do Hórreo reúne unha das coleccións de arte contemporánea galega
Publicado o 09/04/2021 20:05
O legado artístico do Parlamento de Galicia inclúe máis de 300 obras dos artistas galegos contemporáneos máis destacados: Francisco Leiro, Laxeiro, Lugrís, Sucasas. Quessada, Virxilio, e así ata preto dun cento de nomes. Hai pinturas, esculturas, fotografías, cartelería... O catálogo completo pódese consultar na páxina web, e pode contemplarse tamén en persoa, a través das visitas guiadas que organiza esta institución.