O pazo de Oca e os seu xardíns volven estar abertos ao público
Despois de meses pechado, o pazo de Oca, concello da Estrada, ten abertas as súas portas ao público. Os seus xardíns son dos máis importantes de Europa. É moi, moi difícil visitalos sen prometer volver. É poñer o pé nos xardíns 80.000 metros cadrados e sentir inmediatamente auga...
Semella que se vai parar o tempo neste lugar. Manuel, xardiñeiro que traballou neles máis de 20 anos, lévanos da man polos estanques rodeados de buxos de 250 anos e con dúas barcas de pedra cheas de simbolismo.
Ao longo dos séculos cada propietario foi engadindo a súa pincelada a estes xardíns de inspiración francesa, tan barrocos coma galegos. Hoxe pertence á Fundación Casa Ducal Medinaceli esta mestura de natureza salvaxe e deseño humano.
No medio do labirinto hai unha fonte. Para chegar a ela hai que camiñar 550 metros, idea inspirada nas monxas da catedral de Canterbury, que, así, en moi pouco espazo gozaban de máis percorrido/tempo de meditación.
A entrada son seis euros.